QUEN SOMOS E ONDE ESTAMOS
A nosa historia
A Talangreira do Beque nace, como moitas outras cousas, dun soño, dunha IDEA.
A idea de constituir a Sociedade Cooperativa Galega naceu hai perto de dous anos como fórmula legal para darlle vida á empresa que xestione o Complexo Deportivo e de Lecer “O Beque”, na aldea da Fraga, no Concello de Moaña.
O equipo está conformado por profesionais das áreas de administración, hostelería, deportes, animación e turismo co obxetivo de xerar autoemprego e ofrecer un servizo de calidade á cidadanía resolvendo a demanda histórica do pobo de Moaña por un PLAN DE DINAMIZACIÓN INTEGRAL do Beque.
O enclave
Onde estamos? Escondidos? Entre gnomos e fadas no bosque?
Estamos situados na parte alta do concello de Moaña, no que o Río dos Ladróns (tamén chamado da Fraga) divide as Comunidades de Montes de Moaña e Meira.
A Talangreira é un lugar enclavado en plena natureza, nunha paraxe de indubidable valor ecolóxico que está a esperar por ti.
Medidas profesionais
Como política de empresa, se ensinará a todo o persoal a separar os residuos adecuadamente en todo o complexo para o seu posterior tratamento e reciclaxe. As papeleiras existentes deberán rehabilitarse para facer unha adecuada separación. Intentarase reutilizar todo o que se poida, axudando a reducir residuos como o plástico.Ecodeseño e análise do ciclo de vida
As instalacións contan cunha depuradora natural na que, a través dunha especie vexetal de xuncos, realiza a descomposición dos residuos e o seu posterior tratamento e depuración. Será de obrigado cumprimento tratar adecuadamente as augas residuais. Polo que secontempla o uso de deterxentes e xabóns ecolóxicos certificados en todo o complexo que axuden no proceso de tratamento das augas.As instalacións
ZONA EVENTOS
PISTAS DEPORTIVAS
ALBERGUE
APARCAMENTO E MERENDEIRO