QUEN SOMOS E ONDE ESTAMOS

A nosa historia

A Talangreira do Beque nace, como moitas outras cousas, dun soño, dunha IDEA.

A idea de constituir a Sociedade Cooperativa Galega naceu hai perto de dous anos como fórmula legal para darlle vida á empresa que xestione o Complexo Deportivo e de Lecer “O Beque”, na aldea da Fraga, no Concello de Moaña.

O equipo está conformado por profesionais das áreas de administración, hostelería, deportes, animación e turismo co obxetivo de xerar autoemprego e ofrecer un servizo de calidade á cidadanía resolvendo a demanda histórica do pobo de Moaña por un PLAN DE DINAMIZACIÓN INTEGRAL do Beque.

O lugar atópase enmarcado nun frondoso bosque totalmente alleo á civilización. Para chegar a él hai
que circular por unha pista asfaltada que conduce exclusivamente a este recinto.

É unha zona privilexiada de gran riqueza etnográfica e medioambiental na que conflúen dúas rutas de sendeirismo: a dos muíños do Río da Fraga, e a GR-59,
o Roteiro Ecolóxico do Morrazo.

Ademáis, pasa moi perto do albergue o Camiño Portugués nunhadas súas variantes, polo que se configura coma hospedaxe de peregrinos que
percorran o Camiño de Santiago.

O enclave

 

Onde estamos? Escondidos? Entre gnomos e fadas no bosque?

Estamos situados na parte alta do concello de Moaña, no que o Río dos Ladróns (tamén chamado da Fraga) divide as Comunidades de Montes de Moaña e Meira.

A Talangreira é un lugar enclavado en plena natureza, nunha paraxe de indubidable valor ecolóxico que está a esperar por ti.

Medidas profesionais

 

Como política de empresa, se ensinará a todo o persoal a separar os residuos adecuadamente en todo o complexo para o seu posterior tratamento e reciclaxe.

As papeleiras existentes deberán rehabilitarse para facer unha adecuada separación. Intentarase reutilizar todo o que se poida, axudando a reducir residuos como o plástico.

Ecodeseño e análise do ciclo de vida

 

As instalacións contan cunha depuradora natural na que, a través dunha especie vexetal de xuncos, realiza a descomposición dos residuos e o seu posterior tratamento e depuración.
Será de obrigado cumprimento tratar adecuadamente as augas residuais. Polo que secontempla o uso de deterxentes e xabóns ecolóxicos certificados en todo o complexo que axuden no proceso de tratamento das augas.

As instalacións

L

ZONA EVENTOS

Destinada a realización de eventos culturais, deportivos e sociais.

Conta cunha fonte central feita a pedra e con varias farolas como puntos de luz.

L

PISTAS DEPORTIVAS

O complexo conta con catro pistas deportivas.

Dúas pistas de tenis, unha pista multideporte e unha pista cuberta.

L

ALBERGUE

Habilitado para 22 prazas.

Conta con dúas plantas e está perfectamente equipado para a proporcionar a mellor estancia.

L

BAR COMEDOR / PETISQUERÍA


Desfruta da nosa carta e descubre o noso servicio de coctelería.
L

APARCAMENTO E MERENDEIRO

Acceso libre ó merendeiro.

Fácil acceso.

Aparca o teu vehículo aquí de forma totalmente gratuita.

Habilitado e dispoñibilidade de 48 prazas.

L

ZONA RECREATIVA E PARQUE INFANTIL


Zona recreativa con merendeiros e asadores
e un parque infantil dotado de diversos elementos de xogos.
Loading...
0
    0
    Reservas
    Non tes reservasVoltar á búsqueda