Feira das Letras na Talangreira

17 Maio, 2025

11:00

O Beque

🌿 Este 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas como máis nos gusta: con feira, poesía popular, cantareiras e moita vida compartida no corazón da Fraga de Moaña.

Preparamos unha xornada completa de mercado, música, encontros e reivindicación do patrimonio cultural galego, nun espazo aberto e acolledor para toda a comunidade. Así que… imos de feira!

🛍 Gangas, reutilización e moita artesanía

Entre as 11:00 e as 18:00, celebramos unha feira de segunda man e artesanía local na que atoparás de todo e a prezos de risa. Quen teña ollo fino e algo de sorte, pode levar dúas bolsas cheas por menos de 10€. Unha oportunidade perfecta para consumir con conciencia, apoiar á economía circular e dar nova vida a obxectos con historia.

Se queres montar o teu posto, aínda estás a tempo! Contacta por whatsapp no 722 888 763. A inscrición custa só 5€, e as prazas voan. 🐌

🎶 Sesión vermú con As Salgharitas de Moaña

Ás 13:00 temos sesión vermú amenizada polas Pandeireteiras As Salgharitas de Moaña, que nos farán vibrar con ritmos e cantos tradicionais en homenaxe á poesía popular e ás mulleres cantareiras, protagonistas das Letras Galegas deste ano.

💃 Foliadiña aberta

E ás 14:00 abrimos a pista! Unha foliada comunitaria para quen se anime a cantar, tocar ou bailar baixo a sombra das árbores. Trae o teu instrumento ou as túas ganas de festa: aquí todo o mundo é benvido.


🗓 Resumo do día:
📍 A Talangreira do Beque – Lugar A Fraga s/n, Moaña
📅 Sábado 17 de maio
🕘 De 11:00 a 18:00
🛒 Feira de segunda man e artesanía
🎶 13:00 – Vermú con As Salgharitas de Moaña
💃 14:00 – Foliada aberta
📲 Inscrición de postos: 722 888 763


💚 En A Talangreira celebramos a lingua, a música e a comunidade.
Cultura viva, feita con amor e ao xeito galego.

Loading...
0
    0
    Reservas
    Non tes reservasVoltar á búsqueda