Este venres 9 de maio, prepárate para unha das noites máis saborosas do ano: chega o evento Moaña de Tapa en Tapa e en A Talangreira do Beque estamos máis que listxs para dalo todo!
Entre árbores, bo ambiente e moita retranca, temos preparadas tres tapas espectaculares que mesturan produto local, creatividade e sabor a tope:
Tosta de cabaza da Fraga con queixos
Un bocado outonal en plena primavera: doce, cremosa e con queixos da terra. A natureza tamén se come!
Xamón asado estilo picón con patacas e queixo
Un clásico reconvertido, para os amantes da tradición con garra. Sabor galego do bo, e ben contundente.
Mariñeiriñas bam bam!
Sabor a mar, cun toque picante e rebelde, como nos gusta facer as cousas por aquí. As favoritas dos máis atrevidxs.
E como a nosa gastronomía nunca vai soa… ás 20:00h sube ao escenario MALA HERBA 🌿, un grupo que mestura ritmos e raíces, e que promete poñer a Fraga a bailar desde o primeiro acorde.
Moaña de Tapa en Tapa é unha iniciativa que dinamiza a gastronomía local con tapas a prezos populare, música en directo e moito ambiente. E en A Talangreira, coma sempre, facémolo con estilo propio, compromiso e moito amor pola terra.
🗓 Info resumida:
📍 A Talangreira do Beque – Fraga de Moaña
📅 Venres 9 de maio
🕗 A partir das 20:00h
🎶 Concerto de Mala Herba
🌮 3 tapas deliciosas a prezo popular
💚 Ven petiscar, bailar e gozar dunha noite entre árbores, música e bo rollo.
En A Talangreira non é só comer: é vivir, compartir e celebrar en comunidade.