🌼 Mercadillo de Artesanía e Segunda Man e Sesión Vermú MORRAZO 🌼

Chega a primavera e con ela, unha nova edición do noso Mercadillo Segunda Man e Artesanía en A Talangreira do Beque (Moaña). Un planazo para dar unha volta pola Fraga, buscar gangas, vender o que xa non usas e botar uns bailes ao sol.

📅 Sábado 5 de abril – Todo o día
📅 Sábado 3 de maio – Todo o día
📍 A Talangreira – A Fraga – Moaña

Se es dos que gardan cousas “por se acaso” ou dos que non poden resistirse a unha boa oferta, esta é a túa cita. Trae o que non usas, dálle unha segunda vida e de paso, saca un extra!

🎶 A xornada estará ambientada con música en directo, coa actuación de Raúl e Paulo Sax a partir da hora do vermú (13:00h). E como non, o noso bar estará aberto para que non falte unha caña ou un refresco mentres exploras os postos cheos de tesouros.


🔥 Como participar co teu posto:

Se queres montar o teu espazo e poñerte a vender, é ben sinxelo: 📲 Escríbenos por WhatsApp ao 722 888 763 ou un mail a info@atalangreira.com
📋 Indícanos: Nome e apelidos, metros aproximados que necesitas e qué vas vender.

💸 Prezo por posto: 5€ (pódese pagar en man ou por transferencia bancaria)
👉 Nº de conta: ES91 3058 6950 4127 2000 4892
Concepto: MERCADILLO BEQUE


Aquí triunfan os ofertóns e os packs, así que non esquezas preparar ben o teu posto, traer moedas e sobre todo moitas ganas de pasar un día diferente.

💚 Mercadillo de segunda man en Moaña, mercadiño na Fraga, música, cañas e bo rollo. Un plan perfecto para este sábado de primavera. Vémonos en A Talangreira!

Loading...
0
    0
    Reservas
    Non tes reservasVoltar á búsqueda