Venres de Sala con De Canhas

14 Febreiro, 2025

21:00

O Beque

🔥 Primeiro Venres de Sala en A Talangreira con De Canhas! 🎶

O momento chegou! Arrancamos os Venres de Sala por todo o alto con De Canhas, unha banda que promete festa, baile e moita música en directo. Se aínda non os coñeces, vai apuntando o nome, porque estes catro músicos son garantía de espectáculo.

💥 Quen son De Canhas?

Este grupo galego naceu co obxectivo de facer o que mellor saben: animar ao público ata o último alento. As súas caras de quinkis pódenche soar doutros proxectos musicais que veñen pegando forte, e agora xúntanse en A Talangreira para ofrecer un concerto que non esquecerás.

🔹 Rubén á voz, levando o show a outro nivel.
🔹 Daniel dominando a guitarra e dándolle caña.
🔹 Jesús co seu acordeón e un corazón de carballo.
🔹 Víctor á batería, con mans de lume e ritmo imparable.

Xuntos forman unha banda multidisciplinar que nos trae as mellores versións e unha posta en escena brutal. Se che gusta a festa e a boa música en directo, este é o plan que estabas esperando!

📅 Cando? Venres 14 de febreiro ás 21:00 h.
📍 Onde? En A Talangreira, Moaña.
🎟 Entradas: 5€ anticipada (+ gastos de xestión) | 7€ en billeteira.

💥 Merca a túa entrada agora mesmo aquí!

Loading...
0
    0
    Reservas
    Non tes reservasVoltar á búsqueda