🐓 Averío abre a tempada dos Venres de Sala en A Talangreira 🔥
O venres 17 de outubro ás 22:30 h, volven os Venres de Sala a A Talangreira, e arrancamos coa forza dun galo no medio dunha rave. Chega AVERÍO, un resort travesti, unha bandada de plumas indomables que vén dalo todo… e algo máis.
Nesta nova tempada de eventos nocturnos, apostamos forte polo humor irreverente, a creación escénica disidente e a diversidade en estado salvaxe, e facémolo da man dun elenco que non ten medo a nada (nin a si mesmas):
No escenario teremos a:
- 💄 Porfiria Burton
- 💅 Endisneer
- 🕯 Meiga I
- 💔 Putxnenaza
- 💃 Diasastra
- ✂ Borrador Trans
🎭 Que é AVERÍO?
Unha experiencia travesti entre varieté, performance e festa popular. Unha explosión de identidade, humor e crítica social ao ritmo de tacos, tacóns e melodrama. Non é un espectáculo calquera, é unha bandada de pajaras viguesas con fame de público, listas para transformar o escenario nun corral en chamas.
Unha noite para cacarexar, rir sen filtros, e bailar sen complexos.
🎧 E despois da varieté… pinchada DJ para seguir a festa, porque en A Talangreira os corpos non se arquivan: báilanse.
🪙 Entrada de taquilla inversa
Paga o que poidas ou o que queiras. O importante é que veñas e gozes.
🏳️🌈 Porque en A Talangreira…
- A diversidade non se celebra un día, báilase todo o ano.
- Apostamos pola cultura queer, rural, libre e rebelde.
- Creamos espazos seguros para rir, berrar e existir sen censura.
Aquí non temos cameríns: temos galiñeiros iluminados. Aquí non hai público: hai comunidade.