Micoloxía na Talangreira

11 Outubro, 2025

10:00

O Beque

Apaña, aprende e saborea: xornada de micoloxía na Fraga de Moaña 🍄

Chega o outono e con el, ese arrecendo a terra mollada que tanto nos presta. É tempo de cogomelos! E como en A Talangreira facemos as cousas con sentidiño (e con fame tamén), organizamos unha xornada micolóxica para que coñezas a riqueza fúngica da nosa contorna, da man de quen sabe e con moito sabor ao final.

📅 Cando?
O sábado 11 de outubro de 2025, de 10:00 a 13:30 h

📍 Onde?
En A Talangreira do Beque, no noso espazo de lecer en Moaña, e con saída á máxica Fraga de Moaña.

👨‍🏫 Con quen?
Con Santy Corral, da Agrupación Micolóxica e naturalista de Liboreiro (Bueu). Un crack dos cogomelos que te vai ensinar a distinguir entre o que se come… e o que mellor deixar no monte.


Que imos facer?

🔎 Identificación micolóxica: Aprende a recoñecer as principais especies comestibles e evita as que poidan darche máis sustos ca alegrías.
🥾 Saída guiada pola Fraga de Moaña: Un paseo educativo nun entorno natural espectacular.
🍴 Degustación no noso bar: Para rematar, petisquiños con cogomelos (e bo ambiente asegurado, que diso tamén sabemos).


Tarifas:

  • 👧 Nenos/as de 6 a 10 anos + 1 adulto: 35 €
  • 🧑 De 11 a 18 anos: 20 €
  • 🧔 Maiores de 18: 30 €

📩 Inscricións abertas!
Escribe a info@atalangreira.com

Loading...
0
    0
    Reservas
    Non tes reservasVoltar á búsqueda