O 21 de xuño estoura o verán co Vigo Dub Club: roots, reggae e moitas vibes na Fraga 🌿🔊
Este sábado 21 de xuño, a natureza da Fraga de Moaña vibrará coma nunca co Special Open Air de Vigo Dub Club, que se traslada por primeira vez a A Talangreira do Beque para ofrecer unha auténtica experiencia sound system en pleno corazón do Morrazo.
Se aínda non o viviches, prepárate: isto non é un concerto calquera. É unha cerimonia sonora ao aire libre, cun sistema de son artesanal que non deixa indiferente. Skank-Fu Hi-Fi estreará por todo o alto os seus 8 scoops (para quen non saiba: unha barbaridade de altofalantes) e traerán o seu Full Sound para facer tremer o bosque a base de roots reggae e dub culture.
🎤 E como se iso non abondase, a festa complétase con dúas propostas musicais que veñen cargadiñas de enerxía positiva:
- Sutta Enki Dub, produtor e cantante co seu estilo “raggamuffin” que non falla en levantar o público. Letras con mensaxe, riddims contaxiosos e presenza escénica poderosa para pechar a tarde como se merece.
- High Nebra, dende Compostela, chega para levarnos máis alá coa súa proposta meditativa e hipnótica. Presentará “My Galaxy” e outras xoias musicais que prometen facer historia baixo as árbores.
🕓 Apertura de portas ás 16:00h
🎧 Máis de 10 horas de música en directo
🍀 En plena natureza, con bo tempo, comida rica e o mellor ambiente da comarca.
Este evento encaixa como anel no dedo cos valores de A Talangreira: cultura accesible, celebración colectiva, respecto polo medio e moita diversidade musical. Aquí non só vés escoitar, vés a formar parte da experiencia.
🎟️ Entradas:
- Anticipadas: 12 € en Entradium.com
- Na porta: 15 €
📍 Lugar: A Talangreira do Beque – A Fraga, Moaña
💥 Sol, comunidade, natureza, reggae… e algunha sorpresa máis que aínda está por desvelar. Atentas!