🎪 Obradoiros de Circo en Familia

2 Novembro, 2024

12:00

O Beque

Estamos encantados de anunciar unha nova colaboración con A Talangreira do Beque (@a_talangreira), un espazo único en Moaña que combina albergue, petisquería e centro deportivo. Xuntos propoñemos unha experiencia divertida e enriquecedora: os Obradoiros de Circo en Familia!


De que trata?

Unha actividade lúdica e creativa pensada para adult@s e nen@s, onde ambos participan como iguais. Será unha oportunidade para:
🎪 Aprender novas habilidades xunt@s, fomentando a conexión e o traballo en equipo.
🎪 Pasar tempo de calidade en familia, nun ambiente cheo de diversión e aprendizaxe.
🎪 Explorar as principais técnicas circenses, como:

  • Malabares 🎾
  • Equilibrios 🤹‍♀️
  • Acrobacias 🤸‍♂️

Datas e horarios:

🗓️ Sábados: 2 e 23 de novembro e 7 de decembro
🕓 Horario: De 12:00 a 13:30 h

📍 Lugar: A Fraga, s/n, 36959 A Fraga, Pontevedra (Moaña)


Prezo e inscricións:

🎟️ Hai unha redución especial se te apuntas ás tres sesións, así que non dubides en participar!

⚠️ Inscricións obrigatorias no 672 235 858 (teléfono ou WhatsApp). As prazas son limitadas, así que reserva canto antes!


Por que participar?

  • É unha experiencia única para aprender xunt@s e conectar como familia.
  • Desenvolverás habilidades intrapersoais e psicomotrices mentres te divirtes.
  • É ideal para pasar unha mañá diferente, chea de riso, aprendizaxe e entretemento.

Non deixes que cho conten! Anímate a vivir esta experiencia máxica na Talangreira do Beque. Agardámosvos cos brazos abertos para descubrir o marabilloso mundo do circo! 🎪✨

Loading...
0
    0
    Reservas
    Non tes reservasVoltar á búsqueda