Festa do outono

26 Outubro, 2024

19:00

O Beque

Este sábado 26 de outubro, acompáñanos a celebrar unha das tradicións máis especiais do outono: o Magosto. Unha festa de lume, castañas, música e danzas no corazón do Beque.

O Magosto, coa súa conexión coa natureza e co cambio de estacións, é unha tradición chea de simbolismo. Inspirado nas raíces celtas e nos costumes antigos do Samaín, marcaba a chegada do inverno e un momento de unión ao redor do lume.


O que che espera no noso Magosto:

🔥 Unha fogueira para quentar a noite (sen abrir portas ao inframundo, prometido!).
🌰 Castañas asadas, deliciosas e tradicionais, para desfrutar en boa compañía.
🎶 Música que encherá a Talangreira dun ambiente cálido e festivo.
🕺 Danzas para mover o corpo e conectar coa tradición dunha forma divertida.


Detalles do evento:

🗓 Data: Sábado, 26 de outubro
🕖 Hora: A partir das 19:00h
📍 Lugar: A Talangreira do Beque – Moaña


Reúne aos teus, abrígate e ven gozar dunha noite máxica onde o lume, as castañas e a música se xuntan para celebrar a chegada do outono. O Beque espérate con calor e bo ambiente!

Agardámoste! 🍁🌰🔥

Loading...
0
    0
    Reservas
    Non tes reservasVoltar á búsqueda