🌨 Se chove, que chova! Debido á previsión meteorolóxica, adiamos esta marabillosa celebración para o domingo, 29 de setembro. Pero a espera paga a pena, porque temos preparado un día cheo de actividades para toda a familia nun entorno único: o remanso da Fraga de Moaña.
En colaboración con Titalee Espacio (@titalee_espacio), celebramos a chegada do outono cunha Festa do Equinoccio onde poderás desconectar, conectar coa natureza e desfrutar dun ambiente relaxado e especial. 🧿🧘♂️
Detalles do evento:
🗓 Data: Domingo, 29 de setembro
📍 Lugar: A Talangreira do Beque – Moaña
Por que non cho podes perder?
- Actividades para toda a familia: Un día perfecto para nenos, nenas e maiores.
- Unha experiencia única nun entorno natural incomparable, ideal para relaxarte e conectar coa enerxía do equinoccio.
- Ambiente especial e colaborativo, en harmonía coa natureza e o espíritu da estación que chega.
Marca a nova data no teu calendario e achégate a compartir este día especial con nós. A Fraga de Moaña está lista para recibirte cunha xornada inesquecible.
Agardámoste na Talangreira do Beque! 🌗🌘