Día da Matria

24 Xullo, 2024

11:00

O Beque

A Talangreira do Beque ten preparados dous días repletos de actividades para que goces dunha experiencia única. Anota no teu calendario, porque o 24 e 25 de xullo veñen cargadiños de arte, música e literatura. Hai opcións para toda a familia, desde os máis pequenos ata os adultos. Non cho podes perder! 🔥✨

Martes, 24 de xullo – Actividades Infantís

Unha mañá chea de diversión e creatividade para os máis pequenos:
🕛 12:00H – “Xe, Musicalizado”
Un espectáculo único da man de Lara Laranxa (@lara_laranxa), no que a música será a protagonista e fará as delicias dos pequenos da casa.

🕧 12:30H – Taller Infantil de Impresión en Barreño de Aluminio
Un obradoiro moi especial guiado por Marca Afouta (@marcaafouta), onde os nenos poderán explorar a súa creatividade e aprender algo novo mentres se divirten.

Mércores, 25 de xullo – Eventos para adultos

A cultura e a música toman o protagonismo nesta xornada especialmente pensada para o público adulto:
🕗 20:00H – Concerto de Carmen Penim
A recoñecida artista galega Carmen Penim (@carmenpenim) ofrecerá un concerto íntimo, cheo de emocións e boa música.

🕤 21:30H – Presentación do libro de poesía “Ekdísis”
Descubre o universo poético de Medusa R. Branco (@meduxx) coa presentación do seu libro Ekdísis. Unha oportunidade perfecta para achegarse á poesía contemporánea galega e compartir unha velada literaria única.

Loading...
0
    0
    Reservas
    Non tes reservasVoltar á búsqueda