Temos a enorme alegría de anunciar o primeiro enlace que se celebrará na nosa querida Talangreira do Beque. Este 6 de xullo de 2024, o noso espazo transformaráse nun lugar máxico para celebrar o amor de Denis e Mara, unha parella á que queremos e admiramos profundamente.
Eles, compañeiros de tantas batallas, decidiron confiar na Talangreira para facer realidade unha das festas máis importantes das súas vidas, rodeados de familia, amigos e todo o cariño que esta ocasión merece. Non podemos estar máis felices de ser parte deste día tan especial e de converter o Beque no escenario perfecto para celebrar o amor.
Desde aquí queremos enviarlles os nosos mellores desexos e toda a nosa gratitude por contar connosco nesta etapa tan importante. Longa vida a esta marabillosa parella! ❤️
Nota: Ese día a Talangreira estará pechada ao público para dedicarnos exclusivamente a esta celebración.
Denis & Mara, querémosvos e estamos desexando acompañarvos nesta gran festa! 🎉