Se es amante da boa música, aquí tes unha cita que non podes perder. A artista canguesa Ali Joss lanza o seu novo disco, NUBE, unha obra creada con dedicación e moito cariño que reflicte a súa paixón pola música.
Recoñecida pola súa voz inolvidable, Ali Joss é unha das artistas revelación do Morrazo, cuxa interpretación única deixa pegada en quen a escoita. Agora tes a oportunidade de vivir en directo a maxia da súa música nunha noite que promete ser inesquecible.
Detalles do evento:
🗓 Data: 28 de xuño
🕰 Hora: 21:00
📍 Lugar: A Talangreira
Non perdas esta ocasión especial de desfrutar dunha artista emerxente que está a conquistar o panorama musical galego. Marca a data no teu calendario e acompáñanos a celebrar o talento local.