🌰ASADO DE CASTAÑAS🌰
🤘 OS PATAGHULHOS 🤘
🤘FANFARRIA TAQUIKARDIA 🤘
🤘BRIGADA SOUND 🤘
O sábado 28 de Outubro na Talangreira do Beque -ESPAZO DE LECER – (Moaña). Imos celebrar o cambio de estación cunha festa de esas que a todxs nos gustan! Un magosto! 🌰Castañas asadas 🌰 🤘concertos 🤘🌲natureza 🌲 e algunha que outra sorpresa.
NON O PODES PERDER!
VIDE, COMPARTIDE E DARLLE CAÑA!
A idea desta celebración xurde có fin de poder continuar programando cultura, animándovos a disfrutar con nós desta festiña de balde que nos fai moita ilusión. Como podedes colaborar coa cooperativa? Axudando na difusión, e consumindo na Petisquería, (o noso bar), e na barra que montaremos o mesmo día con bebidas e castañas a prezos populares. Reservade con antelación no albergue a través da nosa páxina web www.atalangreira.com para non ter que coller o coche.
Na nosa terra sempre houbo tradición de celebrar os cambios de estación e os tempos de muda polos ciclos solares e os cambios na colleita, celebracións nas que non poden faltar músicas e danzas, comida e bebida. No tempo do outono, coa celebración de “magus-ustus”: que ven a significar lume máxico/fogueira de magos. Se nos remontamos ao pobo suevo ou á tradición celta, a noite do 31 ao 1 de novembro sería o Samaín: significaba tamén a apertura do “sidh”, as portas do inframundo. Outra das cousas que cobra especial relevancia é o lume coma elemento. As fogueiras e a luz que desprendían significaba darlle luz aos mortos para que seguiran o camiño ó Alén.